José Fernández de la Reguera ven de darnos toda unha caixa de ferramentas para poder debuxar o corpo humano, en diferentes dimensións, e diferentes perspectivas. Unha caixa de ferramentas que será moi útil a todos os que queiran adentrarse no mundo do comic, formando e deformando o corpo humano, para dar vida a unha galería de personaxes. Deixamos aquí unhas pequenas mostras das súas achegas.
Etiquetas
A voltas co cine
(13)
Alfabetización audiovisual
(2)
Aula aberta
(4)
Aula de teatro
(1)
biblioteca
(4)
Ciclo de conferencias
(36)
Comenius
(1)
concursos
(1)
curso 2011-12
(10)
curso 2012-13
(27)
curso 2013-14
(20)
diversidade
(2)
enigmas2012
(6)
Excelencia
(30)
lingua galega
(2)
Os inicios do musical
(9)
plan lector
(7)
premios e recoñecementos
(5)
Traballos de investigación
(5)
Mostrando entradas con la etiqueta Aula aberta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aula aberta. Mostrar todas las entradas
sábado, 23 de marzo de 2013
martes, 15 de noviembre de 2011
Dentro do proxecto "Aula Aberta", teremos unha nova reunión que esta vez terá como motivo a Excelencia e a Diversidade no IES de Ames. Alumnos e exalumnos compartirán con nós as súas experiencias educativas, os seus logros, e veremos reflectidos neles o froito dos nosos esforzos e os seus por superarse cada día no eido educativo e persoal. Será unha reunión protagonizada polo alumnado do IES e polos alumnos e alumnas que xa non están, pero continuan entre nós. Unha reunión, charla, conversa... á que están convidados, no só os alumnos e alumnas, senón os pais e nais, os profesores e profesoras, os que están e os que estiveron... Todos aqueles que queiran compartir con nós un proxecto educativo.
jueves, 27 de octubre de 2011
Como tiñan prometido, os físicos José Benlluire, Jesús Fidalgo e Antonio Vázquez, aclararon hoxe, na Casa da Cultura de Bertamirans, as nosas dúbidas acerca da polémica que xurdiu co experimento Opera. Impresionou, sobre todo, a defensa do método científico, do rigor metodolóxico e do expíritu crítico que debe manter calquera investigación científica.
Pero de seguro que tamén impresionou ao público asistente, a capacidade dos tres oradores para transmitir o papel crucial que xoga a investigación básica na nosa comprensión do mundo. A comprensión cada vez máis fonda da materia que acada a ciencia.
Unha ciencia que tivo os seus alicerces na Grecia clásica, da man de pensadores que, sen medios técnicos, xa se cuestionaron sobre a estructura da materia e a súa divisibilidade, coma o xenial Demócrito. Hoxe, da man dos tres profesores recuperamos parte dese espírito que percorre a historia de Occidente, ata os nosos dias: o afán por comprender o noso mundo, e o afán de facelo con rigor e en comunidade.
Aquí deixamos unha pequena mostra da charla dos tres profesores.

martes, 25 de octubre de 2011
Conferencias: Aula Aberta
Inauguramos esta semana o proxecto de abrir a nosa comunidade á comunidade educativa a través de conferencias sobre temas de actualidade. Os neutrinos e a súa velocidade semellan que ameazan con poñer e perigo a nosa visión einsteniana do mundo ¿ou non? Para despexar todas as nosas dúbidas o profesor José Benllure da USC e os profesores Jesus Fidalgo e Antoni Vázques do IES de Ames nos achegaran a este tema dun xeito ameno e, seguro que lúdico. O xoves 27 de Outubro ás 18:30 na Casa da Cultura de Bertamiráns.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)