Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de octubre de 2013

Entrañable Cartafol



No Correo Galego de onte, o escrito Xosé Neira Vilas, honra o traballo das profesoras Susa F. Lopo e Renata Otero dicindo:

"os estudantes leron e comentaron a miña novela Memorias dun neno labrego. Orientados polas profesoras Susa F. Lopo e Renata Otero levaron a cabo un encomiable traballo a partir desa lectura. No curso 2012–13, tras crear a aula Neira Vilas, 40 alumnas e alumnos escribiron sobre o mencionado libro, e sobre Balbino, o protagonista. Emotivos traballos nos que falan uns e outros (e outras) da súa nenez, do seu pobo natal, dos costumes, da fala, do agrimo e dos consellos dos avós... Contan a súa peripecia diversa da infancia e da adolescencia.
Crean personaxes entrañabeis como Anisia, Helena, Marta, Sabela; hai un canciño que se chama Trasno, e ata un Landeiro…
Nalgúns textos diríxense a Balbino; noutros, ó "cartafol" que os contén, pois as dúas profesoras publicaron un libro cunha selección dos traballos e fotos dalgúns autores e autoras. Un libro que titularon Cartafol de Balbino, deseñado por Martiño de Lopo e editado polo centro.
Hai tenrura, poesía, agarimo, amor ó país e á familia. Noraboa a Susa e a Renata."

Ver noticia completa en...

jueves, 14 de junio de 2012

O martes 12 de xuño tivemos unha fermosa e agradable visita na biblioteca do IES de Ames. Veu o poeta Carlos Negro a recitarnos algúns dos seus poemas do libro Makinaria. Poemas para xente nova que falan de xente nova: a inconsciencia da mocidade e a velocidade, sobre como un mozo pode perder a vida na estrada, sobre como o discurso dos "vellos" cae en saco rompido mentres o escoitan con cara de póker. Unha poesía de lectura rápida, que concorda coa obsesión pola velocidade que nos describe, cun só destino: o cemiterio. Nesta visita Carlos recitou os seus poemas levándonos dende a descarga de adrenalina da loucura irreflexiva da velocidade nun sábado noite ata o vacío e horror que deixa a morte inútil e grotesca, polo evitable, dun adolescente que aínda tiña o mellor da vida por diante.

Todo elo mentres vai sacando cochecitos de xoguete dunha caixa, ata un total de 85; os 85 rapaces que morren nun ano nas estradas de Galicia pola “febre do Sábado noite”.

E despois de conseguir que quedemos mudos de emoción e de espanto, coma si se arrepentise de deixarnos cos corazóns cheos de tristura ten un regaliño para cada un de nos: un doce para a boca e un doce para alma; un carameliño para o mal sabor de boca e un verso de amor para aliviar o amargor da alma.