CIENCIA EN ACCIÓN
As profesoras Margarita Olivar e Mercedes Neira, xunto coas alumnas premiadas nesta convocatoria de Ciencia en Acción, recollendo o merecido galardón.
Beatriz Adán,
Antía Freire
Nerea Montes
En representación de todo o alumnado do Centro que participou no Proxecto: Con A de Ames con A de astronomía con A de Ágora.
Etiquetas
A voltas co cine
(13)
Alfabetización audiovisual
(2)
Aula aberta
(4)
Aula de teatro
(1)
biblioteca
(4)
Ciclo de conferencias
(36)
Comenius
(1)
concursos
(1)
curso 2011-12
(10)
curso 2012-13
(27)
curso 2013-14
(20)
diversidade
(2)
enigmas2012
(6)
Excelencia
(30)
lingua galega
(2)
Os inicios do musical
(9)
plan lector
(7)
premios e recoñecementos
(5)
Traballos de investigación
(5)
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2011-12. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2011-12. Mostrar todas las entradas
martes, 6 de noviembre de 2012
miércoles, 31 de octubre de 2012
Con A de Ames, con A de Astronomía, con A de Ágora
O IES de Ames recibe unha mención de honra do CSIC no certame de Ciencia en Acción, celebrado en Cosmo Caixa de Alcobendas, polo proxecto interdisciplinar desenvolvido o curso anterior "Con A de Ames, con A de Astronomía, con A de Ágora". Este proxecto foi un dos 150 seleccionados de toda España e Sudamérica. Defendérono con maestría e ilusión as alumnas Beatriz Adán, Antía Freire e Nerea Montes, acompañadas polas profesoras Mercedes Neira e Margarita Olivar. O xurado destacou a variedade de actividades realizadas e o gran número de materias e profesores que colaboraran. Hai que facer unha mención especial de agradecemento ao profesor Jesús Fidalgo, un dos artífices do proxecto que neste curso xa non está neste centro.
Descargar proyecto en pdf en: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/node/406
Descargar proyecto en pdf en: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/node/406
Etiquetas:
biblioteca,
curso 2011-12,
Excelencia,
plan lector
martes, 9 de octubre de 2012
Os éxitos do IES de Ames
Algúns dos alumnos que presentaron traballos de investigación este ano. Non están todos pero todos os coñecedes. Rapaces e rapazas que dedican o seu esforzo a estudiar, traballar e pensar. Noraboa a todos, especialmente aos que traballaron conmigo este ano, codo con codo (Mauricio, Marc, Miriam, Andrea, Rosalía, Daniela?, Alicia, Jeny, Maria, Silvia, Noelia, Silvia) e ás que seguen traballando (Cristina, Sara, Mª José, Sofia....) A todos eles moitas gracias.
martes, 5 de junio de 2012
Aquí está unha pequena mostra da gran proeza desde curso acádemico. Contra os incrédulos, volveuse a facer. Xa temos montado o Musical "Viaxe no Tempo", un proxecto bianual que, de seguro, o ano que ven dará moito que falar.
Este é o momento do Musical dedicado á figura de Hipatia e o seu estudio das órbitas celestes.
lunes, 6 de febrero de 2012
Consciencia e Física Cuántica
Un novo mércores, un novo tema. Esta vez a cargo do profesor de Física e Tecnoloxía Antonio Vázquez. Un tema moi de actualidade. Moitos dirían que é a empresa científica do século XXI, desvelar os segredos da conciencia. Equipos interdisciplinares traballan en este tema. O profesor Vázquez nos dará a perspectiva da física, pero todo en relación coa conciencia é un enigma. E sen non o credes non tedes máis que ver o enigma desta semana. Vai de gatos, inmortalidade e intelixencia.... en http://filonexos.blogspot.com/.
Despois da cónferencia do mércores na Casa da Cultura de Bertamiráns seguro que poderedes solucionalo. Recordade ás 6:30
Despois da cónferencia do mércores na Casa da Cultura de Bertamiráns seguro que poderedes solucionalo. Recordade ás 6:30
sábado, 14 de enero de 2012
Pablo Valledor, de novo, representará ao IES de Ames e a Galicia nas Olimpiadas de Bioloxía. O noso compañeiro como publica hoxe a prensa "arrasou" na Olimpiada Galega á que concurriron máis de 35 centros educativos. Noraboa Pablo!
jueves, 1 de diciembre de 2011
Beatriz Adán, premiada no concurso de relatos "A Ciencia que Conta"
Parabéns a Beatriz Adán por conseguir un dos 5 premios do concurso "A Ciencia que Conta" polo seu relato "Fisión na memoria".
Parabéns a aqueles que verán publicado o seu relato e a todos/as que participaron no concurso.
Os relatos que se publicarán son:
Unha cuestión de densidade (Antía Freire)
Fisión na memoria (Beatriz Adán)
Eureka! (Lucía Cadarso)
Auga marciana (Manuel Seoane)
Case todos os homes morren das súas medicinas e non das súas enfermidades (Pablo Queiruga)
Relatos na soidade (Patricia del Castaño)

martes, 15 de noviembre de 2011
Dentro do proxecto "Aula Aberta", teremos unha nova reunión que esta vez terá como motivo a Excelencia e a Diversidade no IES de Ames. Alumnos e exalumnos compartirán con nós as súas experiencias educativas, os seus logros, e veremos reflectidos neles o froito dos nosos esforzos e os seus por superarse cada día no eido educativo e persoal. Será unha reunión protagonizada polo alumnado do IES e polos alumnos e alumnas que xa non están, pero continuan entre nós. Unha reunión, charla, conversa... á que están convidados, no só os alumnos e alumnas, senón os pais e nais, os profesores e profesoras, os que están e os que estiveron... Todos aqueles que queiran compartir con nós un proxecto educativo.
jueves, 27 de octubre de 2011
Como tiñan prometido, os físicos José Benlluire, Jesús Fidalgo e Antonio Vázquez, aclararon hoxe, na Casa da Cultura de Bertamirans, as nosas dúbidas acerca da polémica que xurdiu co experimento Opera. Impresionou, sobre todo, a defensa do método científico, do rigor metodolóxico e do expíritu crítico que debe manter calquera investigación científica.
Pero de seguro que tamén impresionou ao público asistente, a capacidade dos tres oradores para transmitir o papel crucial que xoga a investigación básica na nosa comprensión do mundo. A comprensión cada vez máis fonda da materia que acada a ciencia.
Unha ciencia que tivo os seus alicerces na Grecia clásica, da man de pensadores que, sen medios técnicos, xa se cuestionaron sobre a estructura da materia e a súa divisibilidade, coma o xenial Demócrito. Hoxe, da man dos tres profesores recuperamos parte dese espírito que percorre a historia de Occidente, ata os nosos dias: o afán por comprender o noso mundo, e o afán de facelo con rigor e en comunidade.
Aquí deixamos unha pequena mostra da charla dos tres profesores.

martes, 18 de octubre de 2011
COMEZA UN NOVO CURSO
Comeza un novo curso e no noso IES "ferve" literalmente de novas propostas: novas obra de teatro, novos proxectos comenius, novos traballos de investigación e, coma non, un novo Ciclo de Conferencias de Formación Complementaria. De todas estas actividades iremos dando conta, ao longo do ano neste blogue. Tamén podedes visitar as páxina que cada actividade ten e nas que se recolleran os principais aspectos dos distintos traballos. Bo ano e a traballar toca!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)