martes, 29 de enero de 2013


AVISO CAMBIO DE DATAS CONFERENCIA DO CICLO A VOLTAS CO CORPO

LEMBRÁDEVOS: 
A conferencia que estaba prevista para o día 21 muda de data ao 14 de Febreiro, por mor dos ensaios do musical Viaxe no Tempo.

lunes, 28 de enero de 2013


Despois da Conferencia do Xoves 27 a cargo de Renata Otero, este xoves, día 31 faremos un descanso nas conferencias, pero non na actividade do IES. A conferencia prevista para ese día trasládase ao día 14 de Febreiro, por mor dos ensaios do Musical Viaxe no Tempo que se representa o Venres día 1 de Febreiro. Failles falla todo o espazo para ensaiar e a montaxe, pero seguro que será un éxito, como ven sendo habitual. 

domingo, 27 de enero de 2013

Onte fumos ver Fíos na Prata, unha obra de teatro profesional aínda que as actrices que traballen nela estean aínda na educación secundaria. Dirixidas por Susa F. Lopo deron toda unha lección de teatro, do teatro na súa verdadeira esencia: un bo guión, unha boa dramatización, poucos artiluxios e un decorado que permite prestar atención aos actores e non ao contexto. Unha mostra de como se poden facer as cousas, no só ben, senón raiando a excelencia. Noraboa a todas e sorte coas representacións que veñen.

Este é o enigma que se propuxo na Charla de Renata Otero "O corpo ferramenta e soporte da arte". Na propia charla se deron as pistas precisas para resolvelo. Dade a vosa resposta cun comentario.

martes, 22 de enero de 2013

De novo este xoves 24 de Xaneiro, unha nova charla do noso ciclo de conferencias sobre o corpo. A cargo da profesora Renata Otero:  O Corpo, Ferramenta e Soporte da Arte. Seguro que coa súa creatividade nos sorprenderá. Xunto a ela os autores do cartel que anuncia a charla, nos explicarán a súa construcción. A profesora será presentada pola alumna Miriam López Pazos. Xa sabedes , ás 18:30h na Casa da Cultura de Bertamirans.

sábado, 19 de enero de 2013

Presentación do VII Ciclo de Conferencias: A Voltas co Corpo, a cargo do profesor Anxo Sampedro Millares.

miércoles, 16 de enero de 2013

Coma todos os anos, un enigma acompañará as charlas-conferencia do noso Ciclo deste ano: A Voltas co Corpo. Para a súa resolución, a temática da conferencia será clave. Anímate e resolve o noso enigma deixando un comentario neste blogue ou no facebook do IES de Ames.

domingo, 13 de enero de 2013

A Sesión que inaugurará o noso VII Ciclo de Conferencias a Voltas co Corpo, correrá a cargo da profesora Pilar Tobar, cun título do máis suxerente "Medindo co Corpo". Chega cargado de novidades. Ademais das presentacións de rigor a cargo da nosa Directora Maria Soledad Lestón e o representante do Concello de Ames, faráse entrega neste acto dos premios do Concurso de Logos patrocinado polo Proxecto Agora, cofinanciado pola Fundación Telefónica a trvés do proxecto E3. Ao longo deste Ciclo tamén teremos votacións aos diferentes carteis que presentarán as distintas conferencias e que os seus autores se encargarán de explicar. Por suposto seguiremos cos nosos enigma que se iran propoñendo no blogue da materia de Filosofía (www.filonexos.blogspot.com) e que aparecerán despois de cada conferencia. Como vedes un Ciclo cheo de novidades que agardamos serva para que toda a Comunidade educativa de Ames e os nosos veciños pasen un anaco de tempo xuntos, dedicados á aprendizaxe informal. Agardamosvos os Xoves a partir das 18:30 na Casa da Cultura de Bertamiráns. 

E con este xa van 7 anos no noso intento de compartir coñecementos. Un conxunto de profesionais de todos os ámbitos, todos eles docentes do noso IES, nos contarán cousas sobre o Corpo. Abordando o tema desde diferentes perspectivas conseguiremos coñecer as diferentes dimensións que abrangue este concepto. Desde o seu uso como unha ferramenta, ate as funcionalidades que está amosando  a moderna neurociencia, todo aderezado cunha dose de bo humor e nun ambiente distendido que permitirá coñecernos todos un pouco mellor, fóra dos muros da escola.