martes, 14 de octubre de 2014

NOVO BLOG DA BIBLIOTECA CARLOS NIETO.

No IES Plurilingüe de Ames temos novo BLOG. A Biblioteca do Centro abre un blog para canalizar as actividades de dinaminación, bibliocarlosnieto.blogspot.com.es

A partir de agora as novas poderedes velas dende alí. 

viernes, 6 de junio de 2014

A Nosa Banda

 
Os alumnos e Alumnas do noso, dirixidos por Renata Otero, veñen de conseguir 3 dos 4 premios que concedía o IES Xelmirez I de Santiago de Compostela, no II concurso de Banda Deseñada. Os Galardoados foron:
1º Premio na categoría de 12-16 anos para Catalina Binkele, pola obra "Amnesia Criminal".
1º Premio na categoría de maiores de 16 anos foi para Carlos Furelos, pola obra "Fregonas e Bancadas".
2º Premio na categoría de maiores de 16 anos foi para Mario García Cajade, pola obra "A Pedra".
Menuda canteira de artistas! e iso que non temos bacharelato artístico. Algo terá que ver a profesora. Noraboa a ela e aos seus alumnos/as.
En breve estas e outras obras de non menor calidade sairán publicadas en formato papel, subvencionadas polo Contrato-Programa suscrito coa Consellería de Educación durante este curso 2013-14
http://www.edu.xunta.es/centros/iesarcebispoxelmirez/

miércoles, 4 de junio de 2014

Unha pequena historia do cinema

Todo no noso IES xirou este ano aoredor do cine. Todo, todo non, pero case todo. Esta é unha pequena proba dilo. A actuación do alumnado de 2º de ESO que quixo deixarnos unha pequena presentación da historia do cine.

miércoles, 28 de mayo de 2014

Estreamos musical

Colgado o cartel de NON HAY ENTRADAS. Teredes que agardar ao ano vindeiro. 

1º Premio da Olimpíada de Filosofía

Nerea Montes alumna de primeiro de Bacharelato ven de recibir o primeiro premio da I Olimpiada de Filosofía de Galicia. Noraboa!

lunes, 28 de abril de 2014

Nun Marco Incomparable.

De novo o mércores da man de Pilar Tobar nos achegaremos ao cine. Desta vez falaremos de paisaxes e escenarios, reais e ficticios. 
O mércores  30 no Pazo da Peregrina ás 18:30

domingo, 20 de abril de 2014

A Segunda Guerra Mundial no Cine

Despois desta longa pausa por  mor de dificultades dos ponente, por motivos de saúde, para estar con nós, volvemos a retomar o noso ciclo de charlas, desta vez da man do profesor Saínz que abordará as diferentes visións que da Segunda Guerra Mundial se dirón no Cine. De seguro que aprenderemos moito con el.
Volvemos pois, o Mércores día 23 de Abril no Pazo da Peregrina ás 18:30.


jueves, 3 de abril de 2014

A voltas co cine: Cine e Historia

Sentimos comunicar que a charla "Historia e Cine" anunciada para o próximo mércores, ten que ser aprazada por enfermidade da profesora Rosa Martínez, encargada de impartila.

martes, 11 de marzo de 2014

O son das imaxes


Este mércores, ás 18:30 unha nova cita, desta vez para falar da música no cine. Non podemos esquecer que sen ela, poucas cousas no cine terían sentido. A profesora Sonia Rhoer, ilustrará o tema, coma sempre con pericia e nos achegará a algunhas das melodías máis famosas ao mesmo tempo que faremos un repaso visual e auditivo por películas que ningún de nós esquecerá.

jueves, 27 de febrero de 2014

Un mural enig-mático


Estamos no entroido e temos unha proposta de cine. O  alumnado de Diversificación de 3ºF  e 4ª de ESO dirixidos por Renata Otero elaboraron un mural collage desproporcionado, con actores e actrices enriba da  alfombra vermella (como este ano estivemos nos Goya!), pero un par de directores colaronse no noso desfile ¿Podes atopalos?

Aquí podes ver os detalles:





lunes, 24 de febrero de 2014

Metáforas filosóficas

A cargo de Eva Garea Traba, profesora de filosofía do IES nos achegaremos ao cine na súa vertente máis filosófica.

viernes, 14 de febrero de 2014

De cando Eu ia ao Cine

Xa chegou, xa está aquí, a charla máis agardada deste ciclo de Conferencias. A cargo do profesor Berriochoa que nos contará anécdotas do cine de fai algúns anos, cando as salas non eran tan pequenas, nin se comían pombiñas... Non faltedes

martes, 4 de febrero de 2014

Adolescencia en Pantalla Grande


Renata Otero
Mércores 5 de Febreiro
Pazo da Peregrina. Bertamiráns  18:30 horas

Eu tamén fun malota!

A profesora Renata Otero repetiu esta frase coma un mantra. Debe ser verdade que os "malotes" teñen moito poder de convocatoria, porque a sala estaba a rebosar, posiblemente porque os que acudiron sabían que Renata ía dar unha perspectiva moi realista da adolescencia a través da pantalla. Soubo, coma ninguén, relacionar o cine coa vida mesma, descubrindonos algunhas facianas descoñecidas de personaxes históricas. Renata buscou a forma de que nos reconciliaramos con esa fase da vida tan difícil pero ao mesmo tempo tan apaixoante, e logrou, ao mesmo tempo meternos ganas de ver un bo lote de películas. Todo un éxito!



Hoxe non puidemos ver enteiro a curta dos alumnosMarcos Vázquez, Yorwin González e Eduardo Gutiérrez , e foi unha mágoa porque paga a pena porque seguro que descubriron a súa vocación e oiremos falar deles (de feito montaron o seu propio canal de youtube "Mey productions". Por iso deixamos aquí o vídeo completo. 

viernes, 31 de enero de 2014

El Ciclo en la prensa


En el Correo Gallego http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/alfabetizacion-audiovisual-cine-ies-bertamirans/idEdicion-2014-01-31/idNoticia-850268/

Alfabetización audiovisual y cine en el IES de Bertamiráns

A Peregrina acogió su ciclo de formación complementaria, que incluyó cortos, charla de Miguel Vázquez y galardones

M. MANTEIGA AMES
A- A+

El salón de actos del amiense pazo da Peregrina acogió el octavo Ciclo de Exposicións de Formación Complementaria que organiza el instituto amiense de Bertamiráns, y en el que, aparte de la charla del profesor Miguel Vázquez titulada Escolas de película!, incluyó la proyección de cortos y la entrega del premio por el trabajo sobre los petroglifos locales obra de las alumnas Alicia Frade, Jenny Teo y Míriam López.
De esta forma, y en presencia del regidor, varios ediles y decenas de vecinos y docentes -la organización corrió a cargo de la multipremiada profesora Eva Garea-, se proyectaron dos cortos al amparo del plan de alfabetización audiovisual: el de la alumna de primero de ESO Irene Vázquez y también el titulado A receita, de Mara y Antía Ribeiro.

miércoles, 29 de enero de 2014

Hoxe no Pazo da Peregrina.

Colgamos o cartel de "non hai entradas"

Unha vez mais cumprironse as expectativas. Alumnos, ex-alumnos, profesores eméritos e aqueles aos que aínda lles queda a LOMCE por diante, país e nais, amigos... Todos quixeron abrir con nós un Novo ciclo de conferencias, este ano sobre o cine. Ambiente entrañable e distendido. É o que ten xogar na casa,  que te fai sentir que es parte dalgo, que es comprendido e querido. Un pequeno-gran luxo.






sábado, 18 de enero de 2014

A Voltas co Cine... comezamos xa!



Comezamos o VIII ciclo de Conferencias de Formación Complementaria do IES de Ames. Este ano tendemos pontes ao redor do cine, como centro de actividades do  plan audiovisual do Centro. Pero haberá moito máis: presentación de traballos dos alumnos, unha xincana virtual, debates e... coma sempre unha sesión final chea de creatividade intelectual e culinaria. Deixamos agora un adianto en forma de programa e convite á sesión inaugural. 
Alí estaremos o día 29 de Xaneiro no Pazo da Peregrina ás 18:30. 

martes, 14 de enero de 2014

O alumnado recén chegado comeza forte..

E seguimos sumando premios. Neste caso foi a alumna de 1º Leire Gallego Portabales quen acadou, coa súa fotografía, o premio do II concurso Lendo en Compostela, que organiza a Biblioteca Anxel Casal. Parabéns á gañadora. Velaí a fotografía gañadora na categoría de menores de 18 anos:
http://rbgalicia.xunta.es/santiago/index.php?subApartado=152

sábado, 11 de enero de 2014

A Voltas co Cine

A Voltas con.... 

 

o Ciclo de Conferencias de Formación Complementaria, bota a andar facendo público o Logo que o representará este ano. Todo o centro está volcado no audiovisual, o cine, a imaxe, o son... centrarán as nosas reflexións ao longo de todo o 2º Trimestre. En breve achegaremos o calendario das conferencias que este ano prometen ser divertidas e aptas para todos os públicos.

O Logo que nos representará este ano é obra de Minia Monteagudo. O xurado tivo en conta para a súa elección a calidade na execución do debuxo, a orixinalidade e a versatilidade do mesmo. Noraboa!