domingo, 20 de noviembre de 2011

Non foi o noso logo o elixido para o Comenius brigdes. Gañou Polonia. O noso logo podesdes velo no sitio español do proxecto https://sites.google.com/site/bridgescomenius/spanish-corner

martes, 15 de noviembre de 2011

Dentro do proxecto "Aula Aberta", teremos unha nova reunión que esta vez terá como motivo a Excelencia e a Diversidade no IES de Ames. Alumnos e exalumnos compartirán con nós as súas experiencias educativas, os seus logros, e veremos reflectidos neles o froito dos nosos esforzos e os seus por superarse cada día no eido educativo e persoal. Será unha reunión protagonizada polo alumnado do IES e polos alumnos e alumnas que xa non están, pero continuan entre nós. Unha reunión, charla, conversa... á que están convidados, no só os alumnos e alumnas, senón os pais e nais, os profesores e profesoras, os que están e os que estiveron... Todos aqueles que queiran compartir con nós un proxecto educativo.

lunes, 14 de noviembre de 2011

O Musical xa votou a andar. Despois do Casting, en plena labor creativa xa comezaron os ensaios, os diferentes departamentos xa comezaron a enviar os seus guións... En fin todo vai por bo camiño. En breve veremos os primeiros resultados. O título:
A CUARTA DIMENSIÓN, VIAXE DIACRÓNICO NA PROCURA  DO ESLABON PERDIDO
Podesdes ver máis en "Os inicios dun musical"