martes, 15 de noviembre de 2011

Dentro do proxecto "Aula Aberta", teremos unha nova reunión que esta vez terá como motivo a Excelencia e a Diversidade no IES de Ames. Alumnos e exalumnos compartirán con nós as súas experiencias educativas, os seus logros, e veremos reflectidos neles o froito dos nosos esforzos e os seus por superarse cada día no eido educativo e persoal. Será unha reunión protagonizada polo alumnado do IES e polos alumnos e alumnas que xa non están, pero continuan entre nós. Unha reunión, charla, conversa... á que están convidados, no só os alumnos e alumnas, senón os pais e nais, os profesores e profesoras, os que están e os que estiveron... Todos aqueles que queiran compartir con nós un proxecto educativo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario