sábado, 23 de marzo de 2013

Taller de Comic. A Voltas co Corpo

José Fernández de la Reguera ven de darnos toda unha caixa de ferramentas para poder debuxar o corpo humano, en diferentes dimensións, e diferentes perspectivas. Unha caixa de ferramentas que será moi útil a todos os que queiran adentrarse no mundo do comic, formando e deformando o corpo humano, para dar vida a unha galería de personaxes. Deixamos aquí unhas pequenas mostras das súas achegas.

jueves, 7 de marzo de 2013

domingo, 3 de marzo de 2013

Ciclo de Conferencias. Soma e Psique

Xa sabedes, coma sempre o Xoves 7 de Marzo, ás 18:30 na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta semana co noso filósofo particular, Anxo Sampedro. Seguro que vos sorprenderá o que ten que dicir sobre as relacións alma e corpo.


Un biólogo fala de historia


Bertamiráns, 1 de marzo de 2013
Javier García presentou ao poñente da tarde como un profesor comprometido cos seus alumnos e coñecedor da súa materia. Para meterlle presión, –supoñemos-, engadiu: “e eso que a mín púxome notas máis baixas do que merecía nos dous últimos exames”
Pero, máis alá destas dúas consideracións, -preparación e compromiso-, temos que facer fincapé en que Juan Carlos Yürss dou onte, unha lección de historia. Ben, non exactamente. A lección foi sobre cuestións biolóxicas e médicas, pero dentro dun marco histórico. Unha serie de flashes, desde os tempos prehistóricos ata os nosos días, facendo un percorrido histórico, nos permitiron descubrir cómo se foi realizando o progresivo descubrimento do corpo humano e algúns dos aparellos que máis contribuiron a facilitalo.
Desde aparellos rudimentarios, produto da observación e do enxeño de mentes curiosas e creativas –os primeiro aparellos de aumento usados por un comercianrte de panos, ou o primeiro estetoscopio, ocorrencia de Laennec ao ver a uns rapaces xogar poñendo a orella pegada a un tablón e sentindo os golpes dados no outro extremo- ata os sofisticados aparellos que permiten hoxe “desentrañar” as intimidades das nosas vísceras.
Relacionado coa charla, coma sempre o noso enigma.