domingo, 3 de marzo de 2013

Un biólogo fala de historia


Bertamiráns, 1 de marzo de 2013
Javier García presentou ao poñente da tarde como un profesor comprometido cos seus alumnos e coñecedor da súa materia. Para meterlle presión, –supoñemos-, engadiu: “e eso que a mín púxome notas máis baixas do que merecía nos dous últimos exames”
Pero, máis alá destas dúas consideracións, -preparación e compromiso-, temos que facer fincapé en que Juan Carlos Yürss dou onte, unha lección de historia. Ben, non exactamente. A lección foi sobre cuestións biolóxicas e médicas, pero dentro dun marco histórico. Unha serie de flashes, desde os tempos prehistóricos ata os nosos días, facendo un percorrido histórico, nos permitiron descubrir cómo se foi realizando o progresivo descubrimento do corpo humano e algúns dos aparellos que máis contribuiron a facilitalo.
Desde aparellos rudimentarios, produto da observación e do enxeño de mentes curiosas e creativas –os primeiro aparellos de aumento usados por un comercianrte de panos, ou o primeiro estetoscopio, ocorrencia de Laennec ao ver a uns rapaces xogar poñendo a orella pegada a un tablón e sentindo os golpes dados no outro extremo- ata os sofisticados aparellos que permiten hoxe “desentrañar” as intimidades das nosas vísceras.
Relacionado coa charla, coma sempre o noso enigma.


No hay comentarios:

Publicar un comentario