jueves, 27 de octubre de 2011

Como tiñan prometido, os físicos José Benlluire, Jesús Fidalgo e Antonio Vázquez, aclararon hoxe, na Casa da Cultura de Bertamirans, as nosas dúbidas acerca da polémica que xurdiu co experimento Opera. Impresionou, sobre todo, a defensa do método científico, do rigor metodolóxico e do expíritu crítico que debe manter calquera investigación científica.

Pero de seguro que  tamén impresionou  ao público asistente, a capacidade dos tres oradores para transmitir o papel crucial que xoga a investigación básica na nosa comprensión do mundo. A comprensión cada vez máis fonda da materia que acada a ciencia.

Unha ciencia que tivo os seus alicerces na Grecia clásica, da man de pensadores que, sen medios técnicos, xa se cuestionaron sobre a estructura da materia e a súa divisibilidade, coma o xenial Demócrito. Hoxe, da man dos tres profesores recuperamos parte dese espírito que percorre a historia de Occidente, ata os nosos dias: o afán por comprender o noso mundo, e o afán de facelo con rigor e en comunidade.

Aquí deixamos  unha pequena mostra da charla dos tres profesores.

martes, 25 de octubre de 2011

Conferencias: Aula Aberta

Inauguramos esta semana o proxecto de abrir a nosa comunidade á comunidade educativa a través de conferencias sobre temas de actualidade. Os neutrinos e a súa velocidade semellan que ameazan con poñer e perigo a nosa visión einsteniana do mundo ¿ou non? Para despexar todas as nosas dúbidas o profesor José Benllure da USC e os profesores Jesus Fidalgo e Antoni Vázques do IES de Ames nos achegaran a este tema dun xeito ameno e, seguro que lúdico. O xoves 27 de Outubro ás 18:30 na Casa da Cultura de Bertamiráns.

martes, 18 de octubre de 2011

COMEZA UN NOVO CURSO

Comeza un novo curso e no noso IES "ferve" literalmente de novas propostas: novas obra de teatro, novos proxectos comenius, novos traballos de investigación e, coma non, un novo Ciclo de Conferencias de Formación Complementaria. De todas estas actividades iremos dando conta, ao longo do ano neste blogue. Tamén podedes visitar as páxina que cada actividade ten e nas que se recolleran os principais aspectos dos distintos traballos. Bo ano e a traballar toca!!!