jueves, 27 de octubre de 2011

Como tiñan prometido, os físicos José Benlluire, Jesús Fidalgo e Antonio Vázquez, aclararon hoxe, na Casa da Cultura de Bertamirans, as nosas dúbidas acerca da polémica que xurdiu co experimento Opera. Impresionou, sobre todo, a defensa do método científico, do rigor metodolóxico e do expíritu crítico que debe manter calquera investigación científica.

Pero de seguro que  tamén impresionou  ao público asistente, a capacidade dos tres oradores para transmitir o papel crucial que xoga a investigación básica na nosa comprensión do mundo. A comprensión cada vez máis fonda da materia que acada a ciencia.

Unha ciencia que tivo os seus alicerces na Grecia clásica, da man de pensadores que, sen medios técnicos, xa se cuestionaron sobre a estructura da materia e a súa divisibilidade, coma o xenial Demócrito. Hoxe, da man dos tres profesores recuperamos parte dese espírito que percorre a historia de Occidente, ata os nosos dias: o afán por comprender o noso mundo, e o afán de facelo con rigor e en comunidade.

Aquí deixamos  unha pequena mostra da charla dos tres profesores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario