PROXECTO LECTOR 2012-2013


2013-14

A VOLTAS CO CINE

 Algúns materiais que ofrecen no blog de Cero en conducta sobre talleres stopmotion.

http://ceroenconducta.ning.com/


A ver se conseguimos facer un no noso centro.


Como se hace Stop Motion, Artefacto Producciones: https://sites.google.com/site/conductastopmotion/como-se-hace-stop-motion

Hagamos Stop Motion: https://sites.google.com/site/conductastopmotion/como-hacer-stop-motion

Apps: https://sites.google.com/site/conductastopmotion/aplicaciones

Tablero de Pinterest: http://www.pinterest.com/tribu2/apps-e-inventos/
https://sites.google.com/site/conductastopmotion/como-se-hace-stop-motion
Hagamos Stop Motion: https://sites.google.com/site/conductastopmotion/como-hacer-stop-motion




2012-13
A VOLTAS CO CORPO

A actividade central deste curso foi o tema do corpo. Ao longo deste curso acádemico, foron moitas as actividades que tiveron como centro a lectura, ben de imaxes, de texto, de vídeo... Pero tamén a creación, a expresión e a investigación. Aquí tedes algunhas mostras.


DEPARTAMENTO DE INGLÉS - Traballo de Creación basado na película The Elephant man, de David Lynch
A profesora Lucinda Sousa realizou cos grupos de 3º Eso A bilingüe, 4º Eso bilingüe e  2º Bacharelato A un proxecto conxunto baseado na película The Elephant man. O título do proxecto é Man in a deformed body. Cada grupo participante levou a cabo diferentes actividades de creación e todas elas están recollidas nun vídeo. Para a parte técnica deste proxecto contouse coa colaboración do profesor de Informática Fernando Raposo. 



DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

- 2º ESO: MENS SANA IN CORPORE SANO
A proposta foi  un traballo en grupo para que os alumnos lembren a importancia do deporte en canto á saúde física e mental e a importancia do mesmo nesta etapa da súa vida na que as relación persoais son, as veces, difíciles.
Fixeron  power points que explicaron ao resto dos compañeiros. Os deportes elixidos son o balonmá, o rugby, o parcours, o wind-surfing. 

Aqui tedes algún exemplo:





mais traballos en  iesames
3º ESO “O CORPO AO LÍMITE: “SPORT EXTRÈME”
Fixerónse lecturas acerca de persoas coma Maud Fontenoy,a primera muller que deu a volta á mundo á inversa ,e en solitario, comprometida coa preservación dos océanos. Tamén achegáronse ao traballo de Nicolas Vanier, deportista, esritor ,cineasta comprometido coa defensa do medio ambiente . Ámbolos dous reflicten nas súas vidas que o esforzo físico presupón unha forza mental, e un xeito de vida. 

Aquí tedes algún exemplo: 



mais traballos en  iesames


DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL: 

A rehabilitación das paredes exteriores do centro e o seu uso como canle de expresión artística e e colaboración didáctica entre diferentes proxectos do centro, deu como resultado toda unha colección de murais que expresaron as distintas actividades do instituto ao redor da lingua, do cine ou da corporalidade. Dirixidos pola profesora Renata Otero, podedes ver algunhas das achegas do alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO




DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

CICLO DE CONFERENCIAS DE FORMACIÓN COMPLEMENTARIA: A VOLTAS CO CORPO

No blogue A voltas con...   http://avoltascon.blogspot.com.es/ teredes acceso a todos os materiais do VII Ciclo de Formación complementaria "A Voltas co Corpo": carteis, concurso de Fotos, vídeos, materiais, enigmas....

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

Os traballos de investigación tamén foron unha importante fonte de traballo asociado á lectura e, aínda que estánse a rematar, aquí podedes ver alguns dos xa presentados: 



PROXECTOS INTEGRADOS

Tamen temos que falar dos proxectos integrados: A Prehistoria de 1º de ESO coordinado por Margarita Olivar. Neste proxecto cabe destacar as actividades ao redor da viaxe aos xacementos de Atapuerca. A partir desta viaxe o alumnado construiu un libro interactivo:




CINE E LECTURA

Diferentes departamentos teñen elaborado traballos relacionados coa lectura de textos e/ou imaxes e cine, entre eles caben destacar algúns traballos:





No hay comentarios:

Publicar un comentario