viernes, 29 de noviembre de 2013

No IES estamos felices, acaban de comunicarnos que nos outorgaron o Premio Nacional de Educación a Centros educativos polo traballo Os petroglifos de Ames que se realizou durante o curso 2012-13. E, por si fora pouco, case inmediatamente nos comunicaron que tamén foi premiado o Musical Viaxe no Tempo co premio ás boas prácticas educativas. na convocatoria da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Non damos feito!

Nota de prensa http://www.mecd.gob.es/prensa-mecd/actualidad/2013/11/20131129-premios-educacion.html


domingo, 10 de noviembre de 2013

As Orixes dun proxecto

O proxecto O Eslabón. Un musical para o IES de Ames, representará ao Centro nas Xornadas de Innovación Educativa que se celebrarán o 23 e 24 de Novembro. Para explicar a súa complexidade e o moito que toda a comunidade educativa se implicou nel elaboramos unha presentación á que seguirá un taller impartido por Quico Bouza. Xa vos contaremos á volta. De momento ahí queda a presentación.


lunes, 21 de octubre de 2013

Entrañable Cartafol



No Correo Galego de onte, o escrito Xosé Neira Vilas, honra o traballo das profesoras Susa F. Lopo e Renata Otero dicindo:

"os estudantes leron e comentaron a miña novela Memorias dun neno labrego. Orientados polas profesoras Susa F. Lopo e Renata Otero levaron a cabo un encomiable traballo a partir desa lectura. No curso 2012–13, tras crear a aula Neira Vilas, 40 alumnas e alumnos escribiron sobre o mencionado libro, e sobre Balbino, o protagonista. Emotivos traballos nos que falan uns e outros (e outras) da súa nenez, do seu pobo natal, dos costumes, da fala, do agrimo e dos consellos dos avós... Contan a súa peripecia diversa da infancia e da adolescencia.
Crean personaxes entrañabeis como Anisia, Helena, Marta, Sabela; hai un canciño que se chama Trasno, e ata un Landeiro…
Nalgúns textos diríxense a Balbino; noutros, ó "cartafol" que os contén, pois as dúas profesoras publicaron un libro cunha selección dos traballos e fotos dalgúns autores e autoras. Un libro que titularon Cartafol de Balbino, deseñado por Martiño de Lopo e editado polo centro.
Hai tenrura, poesía, agarimo, amor ó país e á familia. Noraboa a Susa e a Renata."

Ver noticia completa en...

martes, 15 de octubre de 2013

Novos Galardóns

http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/system/files/finalmaqueta.pdf
El Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a través del Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales (ICAA), ha otorgado por primera vez los premios de Historia de la Cinematografía y de Alfabetización Audiovisual. En la categoría de Bachillerato se ha premiado ¿De qué hablamos cuando hablamos de amor? La construcción histórica del amor, a propósito de la trilogía Matrix, trabajo presentado por el IES de Ames- A Coruña. Según resalta el Jurado “se ha querido premiar el uso del cine como instrumento pedagógico al emplear las películas como fuentes en sí mismas de análisis y estudio de conceptos filosóficos” Las autoras del trabajo han sido: Lidia del Río, Rosalia Seijas y Andrea Meléndez, coordinadas por la profesora de filosofía Eva Garea Traba. El Premio de Historia de la Cinematografía está destinado a promover el estudio y conocimiento de la historia del cine en España en las diferentes etapas educativas. Por su parte, el Premio a la Alfabetización Audiovisual pretende galardonar a los centros españoles que fomenten la alfabetización audiovisual a través del desarrollo de proyectos que se materialicen en la implantación de experiencias educativas. 

 Se alguén ten interese en ler o traballo que ven de recibir o Premio á Historia da Cinematografía pode descargalo aquí: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/system/files/finalmaqueta.pdf 

Noticia completa en:
  http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/instituto-cinematografia-premia-ies-bertamirans-colegio-louro/idEdicion-2013-10-16/idNoticia-832250/

http://noticias.lainformacion.com/educacion/estudiantes/educacion-concede-los-primeros-premios-escolares-de-historia-de-la-cinematografia-y-alfabetizacion-audiovisual_fN0mFU1GaYAbIWLTbZSom3/

http://www.europapress.es/cultura/cine-00128/noticia-cultura-concede-primeros-premios-historia-cinematografia-alfabetizacion-audiovisual-20131015175628.html

Entrevista no Corrego Galego sobre o Traballo:
http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/eva-garea-trabajos-no-serian-posibles-ayuda-todo-profesorado/idEdicion-2013-10-21/idNoticia-833042/

martes, 17 de septiembre de 2013

O Proxecto Antropoque a concurso.

O proxecto Antropoque ocupounos a varios profesores o curso pasado. Un traballo que pretendía mellorar o coñecemento sobre o patrimonio do noso Concello e dotar de sentido e utilidade o traballo escolar. Dádelle ao me gusta no enlace de abaixo.
  https://www.facebook.com/photo.php?v=523632324379454&set=o.608756345803990&type=2&theater

jueves, 12 de septiembre de 2013

Novos Premios e recoñecementos

Las alumnas de 2º de BACH (curso 2012-2013) Sara Bustillo y Maria Jose Brea, han sido galardoadas co premio CEU de periodismo e comunicación no Certame San Viator de Investigación polo traballo Episte-mass. Verdade e mentira nos medios de comunicación, baixo a coordinación de Eva Garea. 

http://www.colegiosanviator.es/premio/downloads/XIXpremio_h.pdf



Podedes ver o traballo en: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/system/files/EPISTEMASS.pdf

lunes, 15 de julio de 2013

Un Cartafol chamado Balbino

O alumnado de 1º de ESO do noso IES ven de facer un exercicio de escritura cooperativa, dirixidos pola profesora Susa Fernández Lopo: Un Cartafol chamado Balbino. Seguindo os pasos de Neira Vilas, volcan as súas experiencias de nenos da Aldea... esta vez unha Aldea Nova, nun cartafol que nos amosará as inquedanzas da xuventude actual 
http://es.calameo.com/read/000452996ea4dc5786524?authid=lFxiKPFGWdox 

miércoles, 3 de julio de 2013

LECTURAS DE VERÁN

Ahí van as recomendacións da Biblioteca do IES para que desfrutedes dunha boa bibliopiscina.


lunes, 1 de julio de 2013

MEMORIA DE ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DO IES DE AMES

Finalmente rematou outro curso. A Biblioteca xogou nel un papel importante como catalizador e compilador de moitas das actividades. Podedes acceder a elas desde a memoria da biblioteca e na páxina do plan lector 2012-13



domingo, 16 de junio de 2013

No Fallo do concurso de carteis, a Voltas co Corpo, resultaron gañadoras as obras "Medindo co Corpo", realizado polo alumnado de diversificación curricular, que acadou o 1º Premio, e "Homo Musicalis", realizado polas alumnas Sofía Suarez García (4º ESO B) e Sabela González FErnández (4º ESO C)  



martes, 11 de junio de 2013

Exposicións temporais

Exposicións temporais no IES de Ames (Na entrada do Centro):


 Os petróglifos de Ames. Un itinerario para coñecer o noso patrimonio mais antigo.


Un viaxe pola Prehistoria do Corpo Humano. 



Concurso de Fotos: A voltas co Corpo.



.

lunes, 13 de mayo de 2013

IMPRESORAS 3D. PROXECTO DE INNOVACIÓN

Ao longo de toda a mañán do Luns 13 de Maio de 2013, estará exposta a impresora 3D na entrada do noso centro. Poderemos ver demostracións do seu funcionamento a cargo do alumnado de Electrotecnia que a construiu. A construcción de esta impresora é un traballo realizado dentro do proxecto que o departamento de Tecnoloxía realiza en colaboración coa Universidade de Vigo. En breve oiremos falar moito del. De momento non te perdas ver o funcionamento "en primicia" dunha impresora destas características. De verdade que é impresionante!

Aqui podedes ver ao alumnado que participou no proxecto traballando no departamento





domingo, 12 de mayo de 2013

CONCURSO DE FOTOS: CORPO EN MENTE

Podedes ver xa todas as fotos presentadas ao noso concurso "Corpo e Mente", dentro da actividade "A voltas co Corpo" que ven de realizarse este ano no IES. Para ver as fotos pincha aquí ou vai ao facebook do centro. Estas foron as fotos gañadoras.

Cara á cima do desenvolvemento persoal 1º premio
IVÁN OTERO DOMÍNGUEZ
A conexión entre corpo e mente é inquebrantable 2º premio
HUGO RODRGUEZ ABEL
Os ollos son o espello da vida 3º premio
IRENE OTERO GÓMEZ

(CONDICIÓN INDISPENSABLE PARA A RECOLLIDA DE PREMIOS É A PRESENTACIÓN DUNHA FOTO EN ALTA CALIDADE (mínimo 4megas )

domingo, 5 de mayo de 2013

A Corpo Mantido

Con mágoa chegamos ao remate desta volta de conferencias. Serán, coa charla que a profesora Margarita Olivar dará na Biblioteca do Centro, 12 perspectivas diferentes sobre o tema central do Corpo Humano. O Martes día 7 ás 18:30 temos pois  unha cita entre libros, para recoller  ideas de lectura para o verán e intercambiar impresións sobre o tema: O Corpo entre Libros. Despois, na cafetería do centro, un menú desgustación co titulo "A Corpo Mantido" no que sorprenderemos coas relacións que poden darse entre comida e corpo. Vémonos alí

lunes, 29 de abril de 2013

Conferencia de José Berriochoa

O 2 de Maio, Xoves teremos oportunidade de conversar co profesor Berriochoa de novo sobre o corpo. Esta conferencia que estaba prevista para o 11 de Abril, tivo que mudar a súa data a causa das outras actividades do Centro. Agora, coma sempre o xoves ás 18:30 temos ocasión de recuperala. Leva por título "O Corpo, divagacións dun escéptico" e seguro que o seu contido se corresponderá con tan enigmático título.

jueves, 25 de abril de 2013

Homo Musicalis...

Con algo de retraso recordamos que hoxe terá lugar a charla de Sonia Roher, dentro do Ciclo de Conferencias "A voltas co Corpo" que organiza o IES de Ames. Na casa da cultura de Bertamiráns ás 18:30, coa actuación estelar dun grupo de alumnos que farán música co seu corpo.

miércoles, 17 de abril de 2013

A representación do Corpo: Do ideal ao real

Mañán tócalle á historia da arte e a representación do corpo humano. Da man de Fernando Sainz percorremos o camiño que vai do ideal ao real. Ás 18:30, de novo na Casa da Cultura de Bertamiráns.

domingo, 14 de abril de 2013

Un proxecto educativo

O xoves volveron facelo. Os alumnos e profesores do IEs de Ames conseguiron mellorar aínda o éxito previo do Musical Viaxe no Tempo. Un musical que é moito máis que un musical, é unha experiencia educativa en si mesma, polo que ten de aprendizaxe de coñecementos, pero tamén de actitudes, valores e competencias. Moitos e moitas descubrirán nesta actividade a súa vocación de futuro, outros aprenderán a facer cousas (montaxe de escenarios, control de iluminación, organización de grupos, recollida de atrezzo...),  todos e todas aprenderán algo dos máis importantes personaxes da historia de occidente e todos e todas terán aprendido que coa colaboración se logran mellores cousas que coa competencia despiadada, que se pode conseguir facer cousas importantes sen grandes inversións capitalistas (aínda que non virian mal algunhas axudas económicas) e que son mais importantes a creatividade, o traballo e a vontade, que calquera iniciativa gubernamental. Noraboa a toda a comunidade educativa do noso IES. Ese é o camiño!


miércoles, 3 de abril de 2013

Este xoves reanuadamos o Ciclo de Conferencias a Voltas co Corpo, con algunha modificación. Esta vez de Lugar. Por problemas de uso temos que trasladar a nosa charla para O Pazo da Peregrina, coma sempre ás 18:30. Nesta ocasión a profesora Rosa Martinez disertará sobre as técnicas de curación do corpo ao longo da historia.


sábado, 23 de marzo de 2013

Taller de Comic. A Voltas co Corpo

José Fernández de la Reguera ven de darnos toda unha caixa de ferramentas para poder debuxar o corpo humano, en diferentes dimensións, e diferentes perspectivas. Unha caixa de ferramentas que será moi útil a todos os que queiran adentrarse no mundo do comic, formando e deformando o corpo humano, para dar vida a unha galería de personaxes. Deixamos aquí unhas pequenas mostras das súas achegas.

jueves, 7 de marzo de 2013

domingo, 3 de marzo de 2013

Ciclo de Conferencias. Soma e Psique

Xa sabedes, coma sempre o Xoves 7 de Marzo, ás 18:30 na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta semana co noso filósofo particular, Anxo Sampedro. Seguro que vos sorprenderá o que ten que dicir sobre as relacións alma e corpo.


Un biólogo fala de historia


Bertamiráns, 1 de marzo de 2013
Javier García presentou ao poñente da tarde como un profesor comprometido cos seus alumnos e coñecedor da súa materia. Para meterlle presión, –supoñemos-, engadiu: “e eso que a mín púxome notas máis baixas do que merecía nos dous últimos exames”
Pero, máis alá destas dúas consideracións, -preparación e compromiso-, temos que facer fincapé en que Juan Carlos Yürss dou onte, unha lección de historia. Ben, non exactamente. A lección foi sobre cuestións biolóxicas e médicas, pero dentro dun marco histórico. Unha serie de flashes, desde os tempos prehistóricos ata os nosos días, facendo un percorrido histórico, nos permitiron descubrir cómo se foi realizando o progresivo descubrimento do corpo humano e algúns dos aparellos que máis contribuiron a facilitalo.
Desde aparellos rudimentarios, produto da observación e do enxeño de mentes curiosas e creativas –os primeiro aparellos de aumento usados por un comercianrte de panos, ou o primeiro estetoscopio, ocorrencia de Laennec ao ver a uns rapaces xogar poñendo a orella pegada a un tablón e sentindo os golpes dados no outro extremo- ata os sofisticados aparellos que permiten hoxe “desentrañar” as intimidades das nosas vísceras.
Relacionado coa charla, coma sempre o noso enigma.


martes, 26 de febrero de 2013

E esta semana, tócalle ao profesor Juan Yürss, que nos achegará aos principais fitos na descuberta do corpo Humano. Seguro que aprenderemos moitas cousas. O xoves ás 18:30 na Casa da Cultura de Bertamiráns.

lunes, 25 de febrero de 2013

Destruir e rexenerar



Carmen Clavero describiu a Quico Bouza como un profesor esixente. Pode ser que moitos alumnos teñan esa experiencia das clases, dos entrenos ou dos ensaios. Sen embargo, polo menos na teoría, esa forma de velo encaixa perfectamente coa exposición que o profesor Bouza fixo sobre o tema Plasticidade corporal.
O concepto de plasticidade foi aplicado aos órganos internos, á musculatura, aos osos; particularmente falouse da plasticidade do corazón e, sobre todo, da plasticidade do cerebro. ¿Plasticidade? Si. Cómo cambian, aumentan de tamaño ou disminúen, como se fortalecen ou se debilitan, como adaptan a súa forma. Con exemplos do exercicio físico e dos entrenamentos os asistentes puideron comprender cómo funcionan os órganos corporarais e o corpo no seu conxunto: a destrucción e a rexeneración celular e dos tecidos é constante, e comprendelo é vital para potenciar e orientar adecuadamente a nosa actividade. A esixencia, a autoesixencia, é unha consecuencia implícita en esta consideración.
Dous inimigos a bater sinalou Quico: o sedentarismo, a falta de actividade física, un. O outro, o consumo de sustancias tóxicas. “Xa sabedes, -animou Quico aos presentes-, se queredes un fígado hipertrofiado, botellón; se queredes uns alveólos planos, tabaco; se queredes un corazón reducido, sillón. O corpo e plástico, e se adpata ao que fas e ao que consumes”. 

sábado, 23 de febrero de 2013

Un novo enigma. Despois de oir a Quico... alguén se anima a dar a resposta?


O Concello de Ames recibiu o alumnado francés que realiza un intercambio co IES de Ames. O alcalde de Ames, Santiago Amor, interesouse polas impresións que os rapaces e rapazas tiveron da súa estancia en Galicia e animounos “a trasladar aos vosos amigos e familiares as impresións que vos levedes de Ames, o concello coa poboación máis nova de Galicia".
Pola súa parte, en representación da delegación francesa, a profesora Brigitte Billaud destacou a boa acollida que tiveron no municipio e no IES e os bos resultados do programa de intercambio entre dúas rexións, Galicia e Auvernia, con moitas similitudes no clima e na paisaxe.
http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=9468&idioma=gl&sec=32 
http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/alcalde-ames-recibe-un-grupo-alumnos/idEdicion-2013-02-21/idNoticia-792412/ 

miércoles, 20 de febrero de 2013

Plasticidade Corporal

Mañan xoves, 18:30 nova sesión do VII Ciclo de Conferencias do IES de Ames: A Voltas co Corpo. Neta ocasión Quico Bouzas A plasticidade Corporal. A entrada é libre e para todos os públicos.



lunes, 11 de febrero de 2013

E esta semana tócalle un repaso antropolóxico polo uso do corpo nas distintas culturas ao redor do mundo. O Xoves 14, dia dos namorados, ás 18:30 na Casa da Cultura de Bertamirans. Agardamos que o desfrutedes

O enigma relacionado coa charla da semana pasada para que podades respostar, aqui, deixando un comentario, ou no facebook, do mesmo xeito:

sábado, 9 de febrero de 2013


A medida que poidamos iremos subindo as fotos do Musical: Viaxe no Tempo. Poderedes velas no albúm da nosa páxina de facebook.

E no blogue do Musical. Aqui unhas miniaturas.

 Estades todos xenial!


martes, 5 de febrero de 2013

Citius, altius, fortis

Este xoves 7 reanudamos as conferencias. Volve un ex-compañeiro ao que apreciamos e votamos en falta: Suso Fidalgo. Seguro que máis de algún dirálle #susovolve. Nesta ocasión falarános dos límites do corpo humano nos deportes. Un tema, como sabedes, moi de actualidade con todos os escándalos de dopaxe que se escoitan por ahí. Seguro que teredes moito que preguntar. Xa sabedes, ás 18:39 na Casa da Cultura de Bertamiráns.


viernes, 1 de febrero de 2013

Fíos na Prata en fotos.


Publicamos no facebook o albúm de fotos da representación teatral Fíos na Prata, que tivo lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns. O día 8 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Negreira. Ollade as fotos no enlace de abaixo e se non a vichedes, ide a vela. Paga a pena.
https://www.facebook.com/IES.AMES?ref=hl#!/photo.php?fbid=407496109333717&set=a.407495166000478.97242.182063811876949&type=1&theater

martes, 29 de enero de 2013


AVISO CAMBIO DE DATAS CONFERENCIA DO CICLO A VOLTAS CO CORPO

LEMBRÁDEVOS: 
A conferencia que estaba prevista para o día 21 muda de data ao 14 de Febreiro, por mor dos ensaios do musical Viaxe no Tempo.

lunes, 28 de enero de 2013


Despois da Conferencia do Xoves 27 a cargo de Renata Otero, este xoves, día 31 faremos un descanso nas conferencias, pero non na actividade do IES. A conferencia prevista para ese día trasládase ao día 14 de Febreiro, por mor dos ensaios do Musical Viaxe no Tempo que se representa o Venres día 1 de Febreiro. Failles falla todo o espazo para ensaiar e a montaxe, pero seguro que será un éxito, como ven sendo habitual. 

domingo, 27 de enero de 2013

Onte fumos ver Fíos na Prata, unha obra de teatro profesional aínda que as actrices que traballen nela estean aínda na educación secundaria. Dirixidas por Susa F. Lopo deron toda unha lección de teatro, do teatro na súa verdadeira esencia: un bo guión, unha boa dramatización, poucos artiluxios e un decorado que permite prestar atención aos actores e non ao contexto. Unha mostra de como se poden facer as cousas, no só ben, senón raiando a excelencia. Noraboa a todas e sorte coas representacións que veñen.

Este é o enigma que se propuxo na Charla de Renata Otero "O corpo ferramenta e soporte da arte". Na propia charla se deron as pistas precisas para resolvelo. Dade a vosa resposta cun comentario.

martes, 22 de enero de 2013

De novo este xoves 24 de Xaneiro, unha nova charla do noso ciclo de conferencias sobre o corpo. A cargo da profesora Renata Otero:  O Corpo, Ferramenta e Soporte da Arte. Seguro que coa súa creatividade nos sorprenderá. Xunto a ela os autores do cartel que anuncia a charla, nos explicarán a súa construcción. A profesora será presentada pola alumna Miriam López Pazos. Xa sabedes , ás 18:30h na Casa da Cultura de Bertamirans.

sábado, 19 de enero de 2013

Presentación do VII Ciclo de Conferencias: A Voltas co Corpo, a cargo do profesor Anxo Sampedro Millares.

miércoles, 16 de enero de 2013

Coma todos os anos, un enigma acompañará as charlas-conferencia do noso Ciclo deste ano: A Voltas co Corpo. Para a súa resolución, a temática da conferencia será clave. Anímate e resolve o noso enigma deixando un comentario neste blogue ou no facebook do IES de Ames.

domingo, 13 de enero de 2013

A Sesión que inaugurará o noso VII Ciclo de Conferencias a Voltas co Corpo, correrá a cargo da profesora Pilar Tobar, cun título do máis suxerente "Medindo co Corpo". Chega cargado de novidades. Ademais das presentacións de rigor a cargo da nosa Directora Maria Soledad Lestón e o representante do Concello de Ames, faráse entrega neste acto dos premios do Concurso de Logos patrocinado polo Proxecto Agora, cofinanciado pola Fundación Telefónica a trvés do proxecto E3. Ao longo deste Ciclo tamén teremos votacións aos diferentes carteis que presentarán as distintas conferencias e que os seus autores se encargarán de explicar. Por suposto seguiremos cos nosos enigma que se iran propoñendo no blogue da materia de Filosofía (www.filonexos.blogspot.com) e que aparecerán despois de cada conferencia. Como vedes un Ciclo cheo de novidades que agardamos serva para que toda a Comunidade educativa de Ames e os nosos veciños pasen un anaco de tempo xuntos, dedicados á aprendizaxe informal. Agardamosvos os Xoves a partir das 18:30 na Casa da Cultura de Bertamiráns.