domingo, 14 de abril de 2013

Un proxecto educativo

O xoves volveron facelo. Os alumnos e profesores do IEs de Ames conseguiron mellorar aínda o éxito previo do Musical Viaxe no Tempo. Un musical que é moito máis que un musical, é unha experiencia educativa en si mesma, polo que ten de aprendizaxe de coñecementos, pero tamén de actitudes, valores e competencias. Moitos e moitas descubrirán nesta actividade a súa vocación de futuro, outros aprenderán a facer cousas (montaxe de escenarios, control de iluminación, organización de grupos, recollida de atrezzo...),  todos e todas aprenderán algo dos máis importantes personaxes da historia de occidente e todos e todas terán aprendido que coa colaboración se logran mellores cousas que coa competencia despiadada, que se pode conseguir facer cousas importantes sen grandes inversións capitalistas (aínda que non virian mal algunhas axudas económicas) e que son mais importantes a creatividade, o traballo e a vontade, que calquera iniciativa gubernamental. Noraboa a toda a comunidade educativa do noso IES. Ese é o camiño!


No hay comentarios:

Publicar un comentario