OS INICIOS DUN MUSICAL

Para seguir o día a día desta nova aventura musical....


 2013-2015: UN ESPECTÁCULO DE CINE

 Comeza o espectáculo... Parecía imposible, pero xa estamos embarcados noutra aventura, esta vez unha aventura de verdade, desas que só son posible no cine. Un pouco de autocrítica educativa, moita irónia e un par de verdades, da man dos mellores actores e das mellores tramas da historia do cine. Quedade con nosco a ver o proceso. De momento un avance da organización do musical: a escaleta coas escenas. Ben certo que aínda poderá sufrir modificacións, pero xa podedes ver un chisco do que nos deparan estes meses.




2011-13:UNHA VIAXE NO TEMPO


Os primeiros pasos.

Durante o curso 2010-2011 no V Ciclo de Conferencias de Formación Complementaria, impartidas polo profesorado do IES,  tratamos o tema das viaxes. O profesor de música, Juan Gil empeñouse en que ao ano seguinte o tema do Musical do IES debería ser as Viaxes no Tempo. Alí comezou a xestarse o musical. Durante o verán elaboramos un inicio do guión e decidimos implicar a tódolos departamentos do nos Centro que quixesen implicarse no proxecto.  
O noso particular percorrido espacio-temporal nos levou de departamento en departamento desde os departamentos de música e educación física, ata os departamentos de filosofía, matemáticas,  física, tecnoloxía,  ciencias sociais, bioloxía, economía, italiano, inglés, francés, español, grego. Por suposto tamén contamos coa colaboración inestimable do  departamento de normalización lingüística.

O casting.
Con un pouco de retraso comezamos a contarvos como vai poñendose en marcha o novo proxecto de Obra Musical no noso IES. Despois da experiencia marabillosa de Folía en Semasei, non podiamos quedarnos sen facer outro. Queremos repetir o éxito anterior. O primeiro é un casting, por suposto, aínda que non teñamos aínda máis ca unha idea do que queremos facer este ano.
A semana do 10 ao 14 de Outubro, ábrese o proceso do casting. Todos o alumnado  interesado está convocado a unha reunión informativa na que se fará entrega dunha folla informativa acerca de horarios e compromisos que implicará a participación no Musical, tamén se fará entrega dun documento para solicitar o permiso paterno para o alumnado interesado.

Os ensaios comezarán serán os mércores desde as 15:00 ás 17:00 e, seguramente, algún máis de xeito puntual.  

O libreto
A cuestión do guión será moi interesante. Comezamos sen el, a lo menos de forma completa. Despois de elaborar un esquema inicial da idea, os diferentes departamentos irán enviando propostas para introducir escenas que reflictan diferentes momentos históricos da humanidad.  Pablo Valledor, alumno de 2º de bachillerato, coa colaboración de Mirian López alumna de 1º de bachillerato, farán os arreglos e comprobarán nos ensaios a viabilidade do guión e encargaránse da posta en escena.

Seguro que queredes saber máis, dos ensaios, dos avances no guión, das dificultades que xurden.... Xa vos iremos contando
A CUARTA DIMENSIÓN, VIAXE DIACRÓNICO NA PROCURA DO ESLABON PERDIDO

No hay comentarios:

Publicar un comentario