lunes, 29 de abril de 2013

Conferencia de José Berriochoa

O 2 de Maio, Xoves teremos oportunidade de conversar co profesor Berriochoa de novo sobre o corpo. Esta conferencia que estaba prevista para o 11 de Abril, tivo que mudar a súa data a causa das outras actividades do Centro. Agora, coma sempre o xoves ás 18:30 temos ocasión de recuperala. Leva por título "O Corpo, divagacións dun escéptico" e seguro que o seu contido se corresponderá con tan enigmático título.

jueves, 25 de abril de 2013

Homo Musicalis...

Con algo de retraso recordamos que hoxe terá lugar a charla de Sonia Roher, dentro do Ciclo de Conferencias "A voltas co Corpo" que organiza o IES de Ames. Na casa da cultura de Bertamiráns ás 18:30, coa actuación estelar dun grupo de alumnos que farán música co seu corpo.

miércoles, 17 de abril de 2013

A representación do Corpo: Do ideal ao real

Mañán tócalle á historia da arte e a representación do corpo humano. Da man de Fernando Sainz percorremos o camiño que vai do ideal ao real. Ás 18:30, de novo na Casa da Cultura de Bertamiráns.

domingo, 14 de abril de 2013

Un proxecto educativo

O xoves volveron facelo. Os alumnos e profesores do IEs de Ames conseguiron mellorar aínda o éxito previo do Musical Viaxe no Tempo. Un musical que é moito máis que un musical, é unha experiencia educativa en si mesma, polo que ten de aprendizaxe de coñecementos, pero tamén de actitudes, valores e competencias. Moitos e moitas descubrirán nesta actividade a súa vocación de futuro, outros aprenderán a facer cousas (montaxe de escenarios, control de iluminación, organización de grupos, recollida de atrezzo...),  todos e todas aprenderán algo dos máis importantes personaxes da historia de occidente e todos e todas terán aprendido que coa colaboración se logran mellores cousas que coa competencia despiadada, que se pode conseguir facer cousas importantes sen grandes inversións capitalistas (aínda que non virian mal algunhas axudas económicas) e que son mais importantes a creatividade, o traballo e a vontade, que calquera iniciativa gubernamental. Noraboa a toda a comunidade educativa do noso IES. Ese é o camiño!


miércoles, 3 de abril de 2013

Este xoves reanuadamos o Ciclo de Conferencias a Voltas co Corpo, con algunha modificación. Esta vez de Lugar. Por problemas de uso temos que trasladar a nosa charla para O Pazo da Peregrina, coma sempre ás 18:30. Nesta ocasión a profesora Rosa Martinez disertará sobre as técnicas de curación do corpo ao longo da historia.